A gala dos Grammy promete un gran espectáculo esta noite

Entre os músicos que actuarán destacan Rosalía, Billie Eilish e Tyler, The Creator

A 62º edición dos Premios Grammy terá lugar na madrugada entre o domingo 26 e o luns 27, ás 2.00h. Celebrada en Los Ángeles, a cerimonia máis importante da música internacional reúne este ano unha excelente colleita de actuacións dos artistas que levan dado máis que falar nos últimos meses:

  • Billie Eilish, nomeada en seis categorías: Mellor Artista Novo, Gravación do Ano (Bad Guy), Álbum do Ano (When We All Fall Asleep, Where Do We Go?), Canción del Año (Bad Guy), Mellor Actuación Pop en solitario (Bad Guy) e Mellor Álbum Vocal Pop (When We All Fall Asleep, Where Do We Go?).
  • Lizzo, con oito nomeacións: Mellor Artista Novo, Gravación do Ano (Truth Hurts), Álbum do Ano (Cuz I Love You), Canción del Año (Truth Hurts), Mellor Actuación Pop en solitario (Truth Hurts), Mellor Actuación R&B (Exactly How I Feel), Mellor Actuación de R&B Tradicional (Jerome) e Mellor Álbum Urbano Contemporáneo (Cuz I Love You).
  • Ariana Grande, que aspira a gañar cinco galardóns: Gravación do Ano (7 Rings), Álbum do Ano (thank u, next), Mellor Actuación Pop en solitario (7 Rings), Mellor Actuación Pop en grupo ou dúo (Boyfriend con Social House) e Mellor Álbum Pop Vocal (thank u, next).
  • Tyler, The Creator: nomeado a Mellor Álbum Rap (IGOR).
  • Rosalía, con dúas nomeacións: Mellor Artista Novo e Mellor Álbum Latino (El Mal Querer).
  • Sheila E. e Usher, en tributo a Prince.
  • Lil Nas X, nomeado en seis categorías: Mellor Artista Novo, Gravación do Ano (Old Town Road con Billy Ray Cyrus), Álbum do Ano (7), Mellor Actuación Pop en grupo ou dúo (Old Town Road), Mellor Actuación de Rap/Sung (Panini) e Mellor Videoclip (Old Town Road). Na súa actuación acompañarano, ademais de Billy Ray Cyrus, BTS, Diplo e Mason Ramsey.
  • John Legend, DJ Khaled, Meek Mill, Roddy Ricch, YG, e Kirk Franklin en tributo ao rapeiro falecido Nipsey Hussle, con tres nomeacións póstumas: Mellor Actuación Rap (Racks in the Middle, con Roddy Ricch e Hit-Boy), Mellor Actuación de Rap/Sung (Higher, con DJ Khaled e John Legend) e Mellor Canción de Rap (Racks in the middle).
  • Bonnie Raitt en tributo a John Praine, quen recibirá o un premio en recoñecemento á súa traxectoria musical.
  • Charlie Wilson, quen actuará a pesar de non estar nomeado en ningunha categoría este ano.
  • Jonas Brothers, nomeados a Mellor Actuación Pop de grupo ou dúo (Sucker).
  • Camila Cabello, Gary Clark Jr., John Legend, Debbie Allen, Joshua Bell, Common, Misty Copeland, Lang Lang, Cyndi Lauper, Ben Platt e The War and Treaty actuarán en honra ao mítico produtor Ken Ehrlich, quen anunciou o seu retiro da música o pasado ano.
  • Gary Clark Jr. contará coa colaboración dos Roots para interpretar This Land, nomeada a Mellor Actuación de Rock, Mellor Canción de Rock e Mellor Videoclip.
  • H.E.R., nomeada en tres categorías: Gravación do Ano (Hard Place), Álbum do Ano (I Used To Know Her), Canción do Ano (Hard Place), Mellor Actuación R&B (Could’ve Been) e Mellor Canción R&B (Could’ve Been).
  • Demi Lovato, volvendo ao escenario tras case dous anos de parón musical.
  • Aerosmith e Run-D.M.C. unirán forzas en lembranza dos dourados anos 80, cando rock e rap comezaron a tecer ferreos lazos e asentar unha nova fusión musical.
  • Gwen Stefani e Blake Shelton, sen nomeacións.
  • A Preservation Hall Jazz Band e Trombone Shorty interpretarán a banda sonora no segmento de honra aos artistas falecidos durante o último ano.

Nesta lista de actuacións faltan moitos outros artistas destacados, como Lana Del Rey, Bon Iver ou Beyoncé, entre moitos outros que recibiron un importante número de nomeacións. Porén este ano a cerimonia promete un gran espectáculo que pagará a pena desfrutar.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.