‘A illa das mentiras’ de Paula Cons, seleccionada para o Festival de Shanghai

A película A illa das mentiras, dirixida pola directora galega Paula Cons, participará no Festival Internacional de Cinema de Shanghai no medio da súa competición oficial, celebrado o 25 de xullo na cidade chinesa.

A illa das mentiras é un thriller histórico ambientado ao redor da Illa de Sálvora, contando o naufraxio do barco Santa Isabel, que transportaba emigrantes cara Bos Aires en 1921.

A película será estreada en Filmin o vindeiro 24 de xullo, por mor do coronavirus. Foi co-producida por Agallas Films, Historias do Tío Luis, Aleph Cinema e Take 2000, e protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna, Vitoria Teijeiro e Ana Oca.  

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.