‘A Illa das mentiras’, o mais visto da semana en Filmin

Soamente 3 días despois da súa estrea en Filmin, e acumulando boas noticias tras ser seleccionada para o Festival Internacional de Cinema de Shanghai e saber que sería estreada na vindeira edición do Festival de Cans, a película de Paula Cons, A Illa das Mentiras, xa é a máis vista desta semana de Filmin, por diante de películas como O Colapso, Fresh and Blood, Os Durrell e A Ruta dos Cartos.

A illa das mentiras é un thriller histórico ambientado ao redor da Illa de Sálvora, contando o naufraxio do barco Santa Isabel, que transportaba emigrantes cara Bos Aires en 1921.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.