A Nintendo Switch OLED chegará en outubro

Nos últimos meses foron moitos e diversos os rumores que apuntaban a un novo modelo de Nintendo Switch, a consola de Nintendo que mestura xogar en modo portátil e sobremesa. Finalmente confirmáronse os detalles da próxima versión da consola híbrida da compañía xaponesa. O prezo de saída serán 350 euros e chegará a tendas o 8 de outubro

Esta revisión contará cunha pantalla OLED de 7 polgadas con cores máis intensos, do mesmo tipo da que tivo no seu momento da PsVita de Sony. Ademais, contará cun soporte axustable para facilitar as partidas en sobremesa.

Contará tamén cun aumento no almacenamento interno ata os 64 GB e un sistema de altofalantes que, segundo a compañía, constituirá un “audio optimizado”. A nova base contará cun porto integrado para poder xogar por Internet por cable, o que implicará maior velocidade.

Máis aló diso, pouca novidade hai máis salvo sorpresa de última hora. Finalmente, esta revisión da Nintendo Switch non contará cun aumento de potencia tal e como se viña falando, polo que sobre o papel semella que rexeita finalmente calquera tipo de comparación coas outras consolas de sobremesa e porá en valor a súa diferenciación como portátil.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.