Jodie Comer as Villanelle - Killing Eve _ Season 3 - Photo Credit: Des Willie/BBCA

A terceira tempada de Killing Eve adianta a súa estrea

Pasa de estrearse 27 de abril ao 13 do mesmo mes

A nova tempada de Killing Eve, que estaba prevista que se estreara o 27 de abril, adianta a súa estrea ao día 13 de abril econtinuará a historia das dúas protagonistas da serie. Mulleres con pasados profundos dependentes estre si que nestes novos capítulos intentarán vivir desesperadamente sen a outro. Para Vilanelle (Jodie Comer), a asasina agora sen traballo, Eve (Sandra Oh) está morta. Para esta, a ex axente o MI6 agochada, Villanelle nunca a atopará.

Todo parece que vai continuar así ata que unha morte impresionante e próxima póñeas de novo en marcha. Este viaxe de volta cara estar xuntas costaralle a ambas amigos, familiares, lealdade e incluso un anaco de si mesmas.

Anunciáronse novas incorporacións ao reparte desta terceira tempada, entre as que destacan Harriet Walter (Succession), Steve Pemberton (Inside No.9), Turlough Convery (Ready Player One) e Gemma Whellan (Xogo de Tronos). Nesta tempada a guionista será a escritora británica Suzanne Heathcote, coñecida por encargarse de Fear the Walking Dead

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.