A Xunta adxudica 240.000 euros en axudas á exhibición cinematográfica

A Xunta de Galicia adxudicou case 240.000 euros no marco da primeira convocatoria de subvencións á exhibición cinematográfica, da que resultaron beneficiarias 15 empresas para o desenvolvemento de proxectos en 21 salas do país.

Segundo o goberno galego, deste xeito dáselle resposta á totalidade das propostas solicitadas nesta medida consensuada co sector. Búscase constribuír á viabilidade do desenvolvemento económico destos espazos e reducir o impacto da crise económica derivada da covid-19. As salas de cine beneficiadas desta axuda (e que se pode consultar na web de Agadic)son:

  • A Coruña: Cantones Cine, Cinesa Marineda e Cines Yelmo Espacio Coruña e Los Rosales
  • Caldas de Reis: Cines Avenida
  • Ferrol: Dúpex
  • Lugo: Codex Cinema e Cines Cristal
  • Ourense: Cines Pontevella
  • Pontevedra: Cinexpo Vialia
  • Ribadeo: Cines Ribadeo
  • Santiago de Compostela: Cinesa As Cancelas
  • Vigo: Cines Salesianos, Gran Vías, Praza Elípitca e Yelmo de Vigo
  • Vilagarcía de Arousa: Cines Gran Arousa
  • Viveiro: Cines Viveiro
  • Xinzo de Limia: Cine Gesma

As cantidades económicas das axudas outorgáronse en función do número de pantallas dos cines primando ademais as salas en localidades de menos de 25.000 habitantes e a proxección de filmes de versión orixinal. Serán destinadas especificamente á adaptación dixital e sanitaria dos espazos, a campañas de captación de públicos e a promoción do audiovisual galego. Tamén para accións especiais como descontos e xente nova ou colectivos profesionais recoñecidos polo seu labor durante a pandemia.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.