Arkane Studios e Bethesda presentan ‘Deathloop’

De Arkane Studios, os creadores do Dishonored, lanzado en 2012, Deathloop foi presentado onte no medio do evento de presentación da PS5. O lanzamento está previsto para finais deste mesmo ano, e terá exclusividade temporal para a vídeo consola de Sony e PC

Deathloop poñeranos na pel de Colt, un home que se erguerá cada mañá nun bucle. Para saír desta situación, deberá asasinar ás oito persoas causantes da situación antes de medianoite. Deathloop promete variedade no xogo, existindo diferentes maneiras de resolver a situación.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.