As curtametraxes galegas volven ser nomeadas aos Goya

'16 de novembro', de Álvaro Gago, e 'Homeless Home', de Alberto Vázquez, optarán a facerse cunha estatuíña

As curtametraxes galegas ’16 de novembro’, de Álvaro Gago, e ‘Homeless Home’, de Alberto Vázquez veñen de ser nomeadas aos premios Goya nas categorías de ficción e animacción respectivamente, nuns premios nos que tamén están presentes filmes como ‘La gallina Turuleca’, que conta coa participación da produtora A Fonsagrada Films, e actores como o galego Mario Casas, que opta a facerse coa estatuíña á mellor interpretación masculina polo seu traballo na película ‘No matarás’.

A película ‘Adú’ lidera as nomeacións, con presencia ata en catorce categorías diferentes. Este filme dirixido por Salvador Calvo conta coa presenza de Luís Tosar entre o seu reparto. Entre as favoritas tamén se atopan filmes como ‘Akelarre’, de Pablo Agüero, ou ‘As Nenas’, dirixida por Pilar Palomero que conseguiron 9 nomeacións cada unha. ‘A voda rosa’, de Icíar Bollaín, opta a 8 estatuíñas.

Os premios Goya entregaránse o vindeiro 6 de marzo dende o Teatro del Soho de Málaga, a través dunha gala que estará conducida por Antonio Banderas e María Casado e que previsiblemente será máis sobria do habitual á causa da pandemia do covid.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.