As Noites de Caudal Fest: Un ciclo de concertos seguros e de aforo reducido en Lugo en setembro

Artistas como Hard GZ, Ortiga, Amaral ou Baiuca, entre moitos outros, estarán en Lugo entre o 3 e 20 do mes que vén.

Nun verano atípico, procúranse solución diferentes. Do 3 ao 20 de setembro, o festival de música As Noites de Caudal Fest tentará dar solución á situación traendo á cidade un ciclo de concertos de aforo reducido, adoptando as medidas de seguridade actuais para os eventos culturais, sendo adecuadas á nova normalidade.

Os concertos Terán lugar en dúas localizacións da cidade: a praza de Augas Férreas e o entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire, e serán ao aire libre e con acceso limitado. Entre os artistas invitados figuran os nomes de Hard GZ, Dorian, Ana Guerra, Holywater, David Prado, Izal, Maialén, Ortiga, Martita de Graná, M-Clan, Amaral e Baiuca.

As entradas poranse á venda o vindeiro 10 de agosto ás 12 do mediodía na páxina web do festival, con entradas unipersoais e intransferibles.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.