As novidades de Microsoft decepcionan no Xbox Games Showcase

Microsoft mostrou o seus próximos lanzamentos e proxectos no Xbox Games Showcase. O evento dixital de aproximadamente unha hora de duración (aínda que houbo un preshow de outra hora anteriormente) vimos material de franquías agardadas como Fable e Halo, novidades de estudios destacados como Obsidian ou Rare e unhas third party que se publicarán cunha exclusiva temporal nas consolas de Microsoft.

No preshow, consistente nunha conversación sen moito interese sobre as espectativas do seguinte evento, houbo algúns anuncios menores pero de interese. Por exemplo, anunciouse que o Dragon Quest XI S chegará a Xbox One en decembro e estará no Game Pass e viuse o primeiro trailer de Exomecha, un FPS free to play de robots.

Pola súa banda, o estudio Cococumber presentou Echo Generation, un xogo con moi boa pinta de combate por turnos baseado en cartas e cunha estética similar a Stranger Things. Tamén se anunciou a saída de Hello Nighbor para 2021 e se mostrou Balan Wonderworld, o novo proxecto de Square Enix que se afasta bastante do que adoita facer o estudo xaponés.

O show en si comezou co que agardaba todo o mundo, o gameplay de Halo Infinite, o que prometía ser a punta de lanza da Xbox Series X. Mostrouse gameplay da campaña onde se podían ver escenarios grandes, moitas posibilidades no gunplay e unha grande inspiración nos Halo clásicos. Aínda así, deixou bastante frío xa que non mostrou nada espectacular e a nivel gráfico non acadou totalmente as expectativas.

Máis adiante comezaron diferentes anuncios mediante teasers. State of Decay 3 saldrá para PC e Series X e se mostraron as primeiras imaxes do próximo Forza Motorsport. Tamén se confirmou que o primeiro episodio de Tell Me Why sairá este 27 de agosto.

Despois chegou a quenda de Rare, que mostrou un novo trailer do Everwild. Nel puido verse un pouco do mundo deste novo proxecto que impresiona a nivel artístico. Psychonauts 2 ensinou un tráiler musicado por Jack Black e recheo de psicodelia.

Pouco se puido ver, pero un dos anuncios grandes da tarde foi a confirmación da nova IP de Obsidian, Avowed, de inspiración medieval e polo que parece en primeira persoa. Que saíra para PC e Xbox Series X.

Posteriormente se anunciaron xogos que sairán directamente en Series X como Warhammer 40k: Darktide STALKER 2 ou un modo multixogador para Tetris Effect. Tamén que Destiny 2 entrará  en Game Pass en setembro.

Tamén se anunciaron novos títulos, como As Dusk Falls o primeiro título do estudio Int./Night, polo que parece unha aventura interactiva ambientada no oeste e The Gunk, o novo xogo dos creadores de SteamWorld. Desta parte final do evento pódese destacar o anuncio de Playground está a desenvolver un novo título da franquía Fable, pero nada se puido ver.

En xeral, o grande evento de Microsoft quedou en moi pouco. Sobre todo en comparación co que se celebrou hai unhas semanas e se puido ver as primeiras imaxes da PS5, tanto en organización e dinamismo como en xogos e gameplay.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.