Cris Andina

Así é a programación do Elas Son Artistas 2020

Música, escritura, pintura ou cine forman parte da programación desta nova edición do Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, Elas Son Artistasque celebrará nos próximos meses baixo a nomenclatura de “ciclo” en canto de festival como nas dúas anteriores edicións.

Propostas moi variadas en estilos e disciplinas artísticas que suporán un importante movemento de persoas da área Metropolitana da Coruña en busca de espectáculos culturais que teñen á muller creadora como protagonista. Esta edición de 2020 do evento xa colgou o seu primeiro “entradas esgotadas” coa actuación do dúo zaragozano TéCanela no centro cultural A Fábrica de Oleiros.

Os eventos terán lugar en oito concellos da área metropolitana da Coruña, unha forte aposta para que a cultura sexa quen de esquecer barreiras burocráticas: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Carral, Cambre, Betanzos, Oleiros e Sada, con case 360.000 habitantes, serán as localidades nas que se poda disfrutar do festival.

É un dos grandes eixos desta iniciativa é a programación se prolongará ata o próximo mes de decembro, deixando o groso das actuacións de pago nas salas e no Teatro Colón, para outono. O abono para estes concertos pódese adquirir a través de Ataquilla.

  • 26 de xullo – Las Antonias – Concello de Arteixo.
  • 1 de agosto – Silvia Penide – Concello de Bergondo.
  • 15 de agosto – Agoraphobia + Eme dj – Concello de Sada.
  • 6 de setembro – Belém Tajes – Concello de Cambre.
  • 6 de setembro – Mounqup e Lúa Mosquetera  xunto a Artesás Galegas – Fundación Luis Seoane.
  • 18 de setembro – Ede – Concello de Betanzos.
  • 8 de outubro – Estrea documental ‘Amazing Grace (Aretha Franklin)’ – Sede Afundación da Coruña.
  • 10 de outubro – Ainoa Buitrago – Sala Bâbâ Bar, A Coruña.
  • 10 de outubro – The Riven – Sala Mardi Gras, A Coruña.
  • 15 de outubro – ‘Freedom (very best of Aretha)’ – Teatro Colón, A Coruña.
  • 30, 31 octubre e 1 novembro – Lau e Elas Tamén Pintan- Concello de Carral.
  • 13 de novembro – Carmen Boza – Sala Garufa Club, A Coruña.
  • 11 de decembro – Mourn + Grises – Sala Mardi Gras, A Coruña

Ademais, no Concello de Carral e da man de 7hCoop, contarán tamén con Elas tamén pintan, unha actividade que pretende dar visibilidade e recoñecemento ás artistas locais ao tempo que se visibiliza ás numerosas mulleres na historia da arte urbana. Tamén celebrarase un obradoiro de escritura na Casa Museo Emilia Pardo Bazán, na Coruña, con Andrea Pazos.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.