Así é o trailer de ‘Tenet’, o novo filme de Christopher Nolan

O filme non contará con Hans Zimmer ao cargo da banda sonora

Warner presentou o tráiler de Tenet, o novo filme do director Christopher Nolan. A película está dirixida e escrita polo mesmo e estrearase o 17 de xullo do 2020. Na dirección de fotografía repetirá tras varias colaboracións con Nolan Hoyte van Hoytema. Na música non estará Hans Zimmer, senón que o substituirá Ludwig Göransson, gañador do Oscar por Black Panther.

O filme estará protagonizado por por John David Washington, Robert Pattinson e Elizabeth Debicki. Nolan afirma que Tenet é a súa película miás ambiciosa ata o momento e que irá sobre espías internacionais e viaxes no tempo. Se é un éxito ou un absoluto fracaso, saberémolo o verán que ven.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.