Asi é ‘The Waylanders’, o videoxogo inspirado na Galicia celta

No verán estrea o seu acceso anticipado

The Waylanders, o RPG no que traballa o estudio coruñés Gato Studio e que terá o seu acceso anticipado este verán, narrará a historia dun aventureiro que, tras un encontro que o porá en contacto co pobo celta e os seus deuses, adquire a capacidade de viaxar a través do tempo. O xogo estará dispoñible para PC

A viaxe do protagonista levaralle entre esa época e a escura Idade Media nunha terra invadida e desposuída de poder por mor dunha loita polo trono. No mapa atoparanse frondosos bosques, pequenas poboacións costeiras e lugares máis produto da fantasía como campamentos de lobishomes e cidades subterráneas. En moitos puntos, The Waylanders parece herdar moito dos The Witcher de CD Projekt.

Mais neste caso, á hora de deseñar o mapa fíxose un gran esforzo por mesturar fantasía con realidade, a través da inclusión no mapa de localizacións reais como Compostela, o Ézaro ou a Torre de Hércules. A conexión máis clara co mundo medieval do mostrado ata o momento é a presenza da Catedral de Santiago.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.