Así será a presentación en directo do novo disco de The Soul Jacket

Os vigueses The Soul Jacket publican o que é o seu quinto disco, Let Me Stand. do que xa teñen datas para presentalo en concerto este mesmo mes de maio. Comezarán en Euskadi o 28 de maio. Posteriormente irán por outras cidades españolas para chegar o 11 de xuño a Vigo nun concerto encadrado dentro do ciclo TerraCeo.

O novo álbum ofrécenos probablemente o repertorio máis funk da banda viguesa de toda a súa traxectoria. Tras transitar en anteriores traballos moi decididamente pola Americana, o country-rock, o Rythm &Blues e a psicodelia, este Let me stand, sen renunciar aos sinais de identidade da banda, engade ao seu percorrido unhas composicións máis funks.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.