‘Auga seca’ xa está dispoñible en HBO

Desenvolvida pola produtora galega Portocabo é a primeira serie en galego da plataforma.

Despois da adquisición dos dereitos de emisión da serie por parte de HBO, Auga seca poderá verse dende hoxe, mércores 1 de abril, na plataforma. Rodada orixinalmente en galego e en portugués, convértese así na primeira serie en galego que se incorpora ao catálogo da plataforma, que tamén ofrecerá versión dobrada ao castelán e con subtítulos en español e en inglés. Coa aposta de HBO por Auga Seca, desenvolvida pola produtora galega Portocabo e coproducida xunto á portuguesa SP-i, a serie avanza na súa difusión internacional a través da distribuidora británica DCD Rights.

uga seca, que xa finalizou con éxito a súa emisión en Televisión de Galicia e RTP, é un thriller que xira arredor do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial. Nel, a actriz portuguesa Victoria Guerra traballa a carón dos recoñecidos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Os actores galegos Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríose os portugueses Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João Arrais son algúns dos nomes que completan o elenco internacional da serie.

Toño López asume a dirección baixo a produción executiva de José Amaral de SP-i e Alfonso Blanco de Portocabo, creador da serie. O guión corre a cargo de José Rubio, Carlota Dans, Lidia Fraga, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez; a dirección de fotografía é de Ricky Morgade, a dirección de arte de Andrea Pozo e a música de Elba Fernández e Xavi Font.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.