Baiuca e Rodrigo Cuevas alíanse para publicar ‘Veleno’, o segundo adianto do novo traballo do galego, ‘Embruxo’. Baiuca é a día de hoxe un dos grandes nomes da electrónica galega e estatal e que elabora unha alianza sonora entre a música de raíz e a vangarda.
Cantado en galego, asturianu e castelán, ‘Veleno’ conta coa colaboración de Rodrigo Cuevas, outros dos nomes importantes respecto á significación da música tradicional estatal. O videoclip que acompaña ao tema é obra de Adrián Canoura, habitual no traballo gráfico de Baiuca.