Un dos nosos imprescindibles do panorama musical galego están de volta, tal e como o prometeran. Hai preto dun mes, incluiamos a BALA, o dúo de stoner rock formado por Ánxela Baltar e Violeta Mosquera, na nosa lista dos discos que máis agardabamos este 2021. E non se fixeron esperar. Hoxe publícase Agitar, o primeiro sinxelo do que será o seu próximo álbum, Maleza, que sairá á luz o vindeiro 14 de marzo.
Agitar vén acompañada dun vídeo musical dirixido por Javier García-Suárez Pozuelo, no despregue de ruído e axitación ao que BALA nos ten afeitos; desta, ilustrado coa distorsión urbana dunha potente fotografía en branco e negro. Ademais de desfrutar do videoclip, tamén está dispoñible desde hoxe a prevenda de Maleza.