Beach House comparten un adianto do seu novo álbum. Escoita xa ‘Dark Spring’

Como xa anunciamos vai un tempo, Beach House están xa a preparar a saída do seu séptimo álbum, que levará por título 7, ademais de lanzar naquela ocasión a canción Dive, e posteriormente o sinxelo Lemon Glow. Esta semana, ademais, lanzaron unha nova canción, a cal será encargada de abrir o álbum. Trátase de Dark Spring, e a canción vai acompañada dun vídeo dirixido por Zia Anger.

O álbum 7 estará á venda o vindeiro 11 de maio, e será traído grazas ás discográficas Sub Pop, Bella Union e Mistletone. Beach House estarán en Lisboa e Porto os vindeiros 25 e 26 de setembro.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.