Bikini Kill anuncia o seu regreso aos escenarios en máis de 20 anos

A lendaria banda punk Bikini Kill está de volta.

Formada en 1990, esta agrupación é considerada a pioneira do movemento riot grrrl, coñecida polas súas claras letras feministas e uns directos enérxicos. Ao longo de sete anos de carreira, Bikini Kill lanzou tres álbuns de estudio e acabouse separando en 1997.

No pasado ano, o grupo deu unha pequena actuación nun evento en Nova York e a súa discografía puido ser escoitada nos servizos de streaming por primeira vez.

A banda reaparecerá con Kathleen Hanna nas voces, Tobi Vail na batería, Kathi Wilcox no baixo e a guitarrista Erica Dawn Lyle nos meses de abril, maio e xuño de 2019.

As datas dos shows quedan así:

  • 25 de abril – Hollywood Palladium – Os Ánxeles
  • 31 de maio – Brooklyn Steel – Nova York
  • 1 de xuño – Terminal 5 – Nova York
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.