Boyanka Kostova e Aries reinterpretarán a Triángulo de Amor Bizarro

Triángulo de Amor Bizarro veñen de anunciar ‘Detrás del Espejo’, un traballo onde diferentes grupos e artistas reinventarán o último disco da banda de Boiro a través de variacións e misturas que buscarán aportar unha nova ollada ás 12 cancións que conformaron o segundo álbum homónomo de Triángulo de Amor Bizarro, que en Balea eliximos como o mellor disco galego do 2020.

Entre a lista de nomes que colaborarán neste novo disco atópanse nomes e proxectos galegos como Boyanka Kostova ou Aries. O resto das colaboracións chegarán da man de Biznaga, Carolina Durante, Castro, Erik Urano, Esplendor Geométrico, J (de Los Planetas), Joaquín Pascual, Las Ligas Menores, Menta, Miguel Prado, Soleá Morente, Sonic Boom e Sr Chinarro. Polo de agora isto é todo o que sabemos deste novo lanzamento de Triángulo de Amor Bizarro, para o que todavía non hai data, pero do que xa podemos escoitar este pequeno avance.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.