Chus Pato visitará virtualmente México no Festival Kerouac

Chus Pato, Lara Dopazo e Marcos de la Fuente viaxarán a México, virtualmente, acompañados dos seus poetas máis representativos nunha edición híbrida do festival Kerouac.

‘Bifronte’ é a acción que une á poeta e performer mexicana Rocío Cerón coa galega Chus Pato, nun recitado conxunto musicado en vivo polo tamén mexicano Fabián Ávila Elizalde. Será hoxe 22 de aneiro nunha conexión dixital transoceánica.

Así comeza a terceira edición do Festival Kerouac México. O sábado 23 de xaneiro, os galegos Lara Dopazo e Marcos de la Fuente visitarán aos poetas mexicanos nos seus respectivos estados. Así, Samir Delgado en Durango, Balm Rodrigo en Chiapas, Ángel Sulub en Quintana Roo, Hubert Matiuwaa en Guerrero, Horacio Warpola en Querétaro e Karloz Atl e Circus Gitanus na praia de Yucatán. Recibirán aos galegos para recitar xuntos en castelán, galego, maia e nuahtl.

A parte física do festival será o domingo 24 de xaneiro no xardín de La Mano, en Coyoacán, espazo artístico e cultural ao aire libre xestionado pola performer mexicana Jessica Rodarte, que será a encargada de pechar o evento. Aí actuaron as poetas Tania Favela, Zazil Collins (acompañada da contrabaixista Adriana Camacho), Lucía Hinojosa e Carlos Ramírez Kobra coa súa proposta hip poetry.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.