Comeza o parón de 48 horas dos traballadores culturais

O sector reclama medidas ao Goberno para paliar a situación de máxima urxencia derivada da crise do COVID-19

Traballadores culturais de todo o Estado están a seguir un parón cultural  de 48 horas entre o 10 e o 11 de abril. Esta acción reivindicativa xurdiu tras a comparecencia de Ministro de Cultura, Jose Manuel Rodríguez Uribes, fixo o pasado martes, na que expoñía que “esta non é unha crise da cultura”, sen presentar ningún tipo de medida para combater a situación de máxima urxencia do sector durante a crise da COVID-19 e obviando as peticións dos diferentes colectivos.

Esta convocatoria é unha adaptación nos tempos que corren dunha “folga da culturaorganizando un “apagón cultural” coordinado en Internet. Durante estas semanas de corentena por mor da emerxencia, foron moitos os artistas e demais axentes culturais que dun xeito desinteresado regalaron a súa produción en solidariedade co sufrimento da poboación por non poder saír das súas casas.

Por isto, os traballadores culturais consideran que está demostrado que “a cultura ten un papel esencia no día a día das persoas” mais é igual de certo que é un sector que se polo xeral traballa en condicións precarias, estes tempos “de incertidume e desamparo” está a crear unha profunda crise no mesmo.

Por isto, faise esta chamada a parar, un cese da cultura en Internet coordinado para “poñela en valor e reivindicar a necesidade de que o goberno implante medidas urxentes para combater esta crise”. Entre outros, esta iniciativa está a ser seguida pola asociación Músicas ao Vivo, responsables dos Premios Martin Codax ou o escritor galego Diego Giráldez.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.