Comeza unha nova edición do Revoltallo de música emerxente

Esta fin de semana prosigue a aposta da parroquia viguesa de Valadares pola música íntegramente en galego, obradoiros e moita cultura coa celebración da XXVII edición do Revoltallo, o festival máis lonxevo de Vigo e un dos históricos de Galicia. O festival de música emerxente celebrarase ao longo dos vindeiros tres días.

19 e 20 de setembro, ofrecendo música segura cun protocolo específico contra a Covid-19 e cun novo formato. A aposta deste ano é unha combinación de sesións vermú e sesións solpor, achegando ao propostas en acústico combinadas con outros estilos como o reggae, a electrocumbia ou o pop en galego.

A Xuntanza Xuvenil co apoio do Centro Cultural de Valadares déronlle unha volta ao plantexamento deste festival, agora coma unha cita para toda a familia nos diferentes espazos que oferta ao redor das instalacións do Centro Veciñal e Cultural. Os concertos, núcleo central do Revoltallo, terán lugar no espazo exterior do Centro Cultural de Valadares.

A meteoroloxía obrigou a facer este cambio, xa que nun principio estaba plantexado na carballeira do Pedregal, un espaxo natural no que se ven celebrando nas súas últimas edicións. O novo plantexamento, conta cunha carpa para combatir a choiva e cun aforo reducido de 250 persoas para garantir todas as medidas de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades sanitarias. O acceso é libre e por orde de chegada dos asistentes, ata completar aforo.

A programación arrinca o hoxe ás 20:15 horas co reaggae de La Madriguera. Seguirán ás 21:15 horas De Vacas e ás 22:15 High Paw será a encargada de pechar a primeira xornada.

O sábado tocaralle inaugurar o escenario da sesión vermú ás 12:30 horas ao acústico de Adrian Timss, e compartirán aperitivo con La Chata Soul (13:30 horas).

A música continúa pola tarde, abrindo co cantautor vigués Gabriel Mckenzie (18:30 horas), Monoulious DOP en acústico ás 19:30 horas e o compostelán Ortiga que pechará o sábado ás 20:30 horas.

O domingo, a música soará dentro do auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares ás 18:30 horas con Noar e ás 20:00 horas coa violonchelista Margarida Mariño.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.