Como afectan as fases da desescalada á cultura?

Esta mesma semana dábanse a coñecer a previsión das diferentes fases da desescalada para aliviar as medidas de confinamento á que estamos sometido por mor da COVID-19. Estes períodos teñen unha duración mínima de dúas semanas (con excepción da Fase 0) que se poderán prolongar dun xeito asimétrico en cada provincia segundo avance a situación do virus. Pero como afectará en concreto ao sector cultural?

FASE 0

A Fase 0 está considerada de preparación e a liberación do confinamento é moi limitada. Aínda así, volverá o traballo cara ao público das librarías. Iso si, sempre con cita previa e para a atención individual. A maiores, tamén abrirán outros servizos puntuais como os arquivos.

FASE 1

Na Fase 1 está prevista -aínda con restricións de aforo- a apertura do pequeno comercio. Así nun principio volverá a actividade de tendas de discos, librarías e outros locais vencellados á actividade comercial do ámbito cultural. Ademais, permitiranse os actos e espectáculos en salas cun máximo de 30 persoas e respectando un terzo do aforo. Se son o aire libre o número límite sube ata os 200, sempre e cando haxa posibilidade de sentarse e se cumpran as distancias de seguridade.

Tamén abrirán de novo as bibliotecas tanto para préstamo e volverán as visitas aos museos baixo un terzo do aforo e evitando aglomeracións. Sempre que cumpran as condicións de seguridade, renovaranse tamén as rodaxes de cinematográficas e televisivas.

FASE 2

Na Fase 2 ampliarase o aforo permitido nos eventos, que será de ata 50 persoas en locais pechados (de novo cun máximo dun terzo do aforo) e de ata 400 en exteriores. Ademais, abrirán cines e teatros a un terzo do seu aforo e salas de conferencias, exposicións e multiusos baixo as mesmas condicións. Ao igual que as visitas a monumentos.

FASE 3

Na Fase 3 aumentará o aforo das actividades limitadas a un terzo ata a metade, salvo as salas de artes escénicas e musicais que abren por primeira vez neste momento a un terzo do seu aforo. Os espectáculos en locais pechados suben a 80 persoas a os celebrados ao aire libre a 800.

A pesar de ser esta unha explicación do que a nivel xeral será a evolución, haberá que irse a cada caso específico para descubrir como se aplica as fases. Haberá que ver que axentes culturais deciden abrir ás súas portas segundo esta previsión e cales agardarán máis debido ás dificultades económicas que supón seguir esta normativa.


Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.