Alberto García, crnds, publica hoxe Santa Sabina, sinxelo do que será o seu primero álbum, CERNADAS. En Santa Sabina colabora Fransy González, cantante galega coñecida xa antes por colaborar con artistas como Carlos Núñez, Davide Salvado ou Cibrán Seixo. Foi producida polo proio crnds, e está composto a partir dunha xota recollida por Fransy González en Santa Comba.
CERNADAS estará dispoñible o vindeiro 23 de marzo. O álbum ao completo foi producido e mesturado por crnds, no seu estudo. Ademais, éste será presentado o próximo oito de maio en Barcelona, dentro do Festival MUTEK.