Cuarta Xusta chama a resistir o ‘Último Asalto’ do confinamento

No videoclip aparecen 78 amizades da banda

Hoxe comeza a fase 0 da desescalada. Pouco a pouco estase a remar para acadar a chamada ‘Nova Normalidade’. Mentres o desexado momento non chega, Cuarta Xusta decidiu amenizar a agarda con Último Asalto, que ven xunto a un videoclip moi especial realizado nesta corentena e no que contaron coa axuda de 78 amizades da banda.

“Sabemos que esta é unha tempada difícil e que hai días que custa máis que outros e é algo completamente lóxico. Días malos sempre vai haber, pero nós queremos sacarvos un sorriso”, comenta a banda na súa canle de Youtube. Ademais, mostraron solidariedade co persoal sanitario e con toda a xente que ten que traballar nestes tempos complicados. En definitiva “para todas e cada unha das persoas que fan as cousas ben”.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.