Nun novo e espectacular tráiler, os creadores do The Witcher 3, CD Projekt Red, mostran Night City en todo o seu esplendor, a cidade na que nos situaremos no que xa é un dos xogos máis esperados do ano.
No novo tráiler, ademais de ver Night City e a súa contorna, botamos unha ollada aos vehículos que nos trasladarán polo mapa ou descubrimos máis das habilidades que poderá ter o protagonista do videoxogo, todo nuns visuais que semellan, a primeira vista, épicos.
Cyberpunk 2077 estará dispoñible o vindeiro 19 de novembro para Xbox One, PlayStation 4 e PC. Ademais, CD Projekt Red confirmou que o xogo chegará tamén ás consolas de nova xeración PlayStation 5 e Xbox Series X, nunha versión mellorada.