DakidaNao publican o seu primeiro videoclip

Dakidarría e Nao únense para sacar 'Poñer a vida en proa'

Nao e Dakidarría xúntanse para formar DakidaNao, resultado da unión dos nomes das dúas bandas. Está xa dispoñible o seu primeiro videoclip Poñer a vida en proa, que anima a loitar en unidade a pesar dos tempos difíciles, unha mensaxe de actualidade pola emerxencia sanitaria que se está a vivir na actualidade. Fai poucos meses, Nao anunciaba o seu retiro. Jasper (vocalista da banda), nesta entrevista con Balea, comentaba que xa tiña algún proxecto, o que non contou foi é que se levaría a cabo esta xuntanza tan sorprendente.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.