Dani Cornes converte o meme en canción do verán en ‘Ok Boomer (Vale Viejo)’

O cantautor grovense dá un xiro cara ao funk no seu primeiro tema publicado en case dous anos

Dani Cornes, tamén coñecido como Daniel Danke, é moi novo, e tamén extremadamente polifacético. Leva xa uns anos facéndose oco como director no noso cinema, pero máis aínda leva publicando música. Tras unha triloxía de discos publicada entre 2014 e 2016, completamente auto-gravados e auto-producidos –Dan, Dan ii e Salto al Vacío-, en 2018 pegou o salto definitivo ao punto de mira no panorama musical galego con Días Rosas.

Dous anos despois, logo dun parón de estudio, Cornes volve cun cambio de 180º. Troca as guitarras acústicas e os aires indies por guitarras eléctricas en progresións de funk. O que non varía e o seu característico toque humorístico: Ok Boomer (Vale Viejo) é unha oda burlona aos nosos pais. Extremadamente pegadiza e bailable, será difícil desatascar o retrouso das nosas cabezas en todo o verán.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.