MELONA FEST 3 // BAIUCA

Decepción no sector cultural ante o plan de reactivación da Xunta

O documento traza unha liñas pouco concretas, non define protocolos hixiénicos e aprovéitase da crise para agrandar o Xacobeo 21

A actual crise da COVID-19 está a repercutir gravemente no tecido económico galego, sen deixar fóra -e, se cadra, atacando especialmente- á cultura. Dada a situación, as principais asociacións profesionais galegas do sector uníronse para analizar e consesuar as medidas máis urxentes que se precisaban. O documento resultante foi entregado hai dous meses á Xunta de Galicia.

Ante o plan de reactivación dos sectores cultural e turístico publicado pola Xunta o pasado 5 de maio, as asociacións asinantes daquel documento ficaron decepcionadas. Segundo estas, supón un plan inconcreto e demasiado xeneralizado, pois non menciona a todos os afectados pola crise. Alén moitos dos axentes non informados nin consultados en ningún momento da elaboración do plan.

Tampouco se definen protocolos hixiénicos e sanitarios que serán esixidos ao sector para a súa reanudación, e mestúranse accións ordinarias coas medidas excepcionais, dificultando o coñecemento do esforzo real. Para máis inri, aprovéitase a crise para agrandar o Xacobeo 21, acción non consensuada con ningún sector.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.