Del Tirón, a música galega en pílulas de dous minutos

CLN Prods é unha asociación cultural galega formada por artistas de diferentes ramas. O proxecto naceu como organizadora de eventos, pero por mor da covid-19 esta actividade leva parada un tempo. Así que decidiron apostar polo audiovisual e así naceu Del Tirón, unha serie de one Shots aloxados na súa canle de Youtube onde diversos artistas galegos son convidados a mostrar o que saben facer.

“Se ben a pandemia xustificou o proxecto, era unha idea xa anterior. Facer vídeos con audio e imaxe de calidade que podan servir como promoción ao artista á vez que se establecen contactos”, explica Juancho Everman, un dos fundadores de CLN Prods. A duración das pezas ronda os dous minutos e sempre son temas propios dos convidados.

Por Del Tirón pasaron xa unha morea de artistas moi diferentes entre si Kaixo, Ortiga Grande Amore, mariagrep, O Rabelo, Law, Sara Faro… Estilos moi diferentes entre si, dende logo. “Buscamos mostrar a música que se fai en Galicia, de aí tamén o seu carácter ecléctico. Hai dende rapeiros ata cantautores”, comenta Toxo Rabudo, tamén fundador de CLN Prods e que leva xunto a Everman as gravacións e a organización de Del Tirón.

Precisamente de Toxo Rabudo é o último video subido a día de hoxe Temos xa gravacións listas para o que queda de ano. Tomámolo bastante en serio!” adianta Everman, e xa suman 17. “. Outro elemento interesante é a combinación entre artistas moi recoñecidos con outros que o son menos. “Nós cremos que é algo positivo combinar artistas de grande repercusión con outros máis descoñecidos”.

Unha vez rematen esta serie de gravacións xa feitas, tomarán un parón e volverán “con máis forza”. Cun novo contido de aínda máis calidade. Estase estudando a posibilidade de incorporar elementos como gravar parellas, DJs ou bandas, xa que polo momento soamente son artistas individuais. Ademais, cun horizonte onde a medio prazo a situación sanitaria mellorará, todo parece indicar que volverá a vertente de organización de eventos de CLN Prods.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.