Dioivo devolven ‘Golpe por golpe’

Dioivo publica o videoclip de golpe por Golpe, o tema que pechará o seu EP Dioivo III. Está dirixido por Brais Gómez Salvador, tamén director do videoclip de Lobishomes. Na peza actúan ademais Amara Fontao e Roi Gómez Salvador.

Jacobo Mouriño, guitarrista e voz de Dioivo valora o videoclip dun xeito moi positivo: “É algo natural, sen excesos nin grandes pretensións, pero entretido”. Respecto ao novo traballo admite que será “algo atípico” para a banda por afastarse un pouco do black metal, pero que será “máis cru e máis directo”.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.