Dios Ke Te Crew anuncia os dous únicos concertos de 2020 en salas galegas

Tras a súa agardada volta co seu disco de estudo O Ciclo da serpe, a banda de rap galego Dios Ke Te Crew anunciou os seus únicos concertos en salas galegas para 2020. Ambas serán durante o mes de febreiro. O sábado 15 será o turno da Coruña no Playa Club da cidade herculina. Un par de semanas máis tarde, o 29 de febreiro, será o turno de Vigo. Neste caso o concerto celebrarase na Sala Master.

Dende as súas redes sociais, a banda anunciaron que estas dúas datas serán os únicos bolos programados en salas galegas durante o ano que ven. Ademáis, estrearon un video recopilación da presentación do seu novo disco durante o verán.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.