‘Eles transportan a morte’, seleccionada para a Semana da Crítica de Venecia

A longametraxe Eles transportan a morte, dirixida pola cineasta santiaguesa Helena Girón e o tinerfeño Samuel M. Delgado, foi seleccionada para competir na Semana da Crítica de Venecia, un certame paralelo ao Festival de Cine de Venecia.

A película está producida por Filmika Galaika xunto con El Viaje Films, La Banda Negra e a colombiana Blond Indian Films. O filme competirá entre o 1 e o 11 de setembro con outras seis producións. Todas as películas deste concurso son estreas mundiais e operas primas dos seus directores.

A historia está ambientada en 1492, na viaxe de Cristóbal Colón, que abriu a ruta entre Europa e América para a posterior colonización do continente. Na tripulación viaxan tres homes condenados a morte que cambiaron a súa condena polos riscos da viaxe. Ao chegar ás Illas Canarias, foxen cargados cunha das veas da embarcación. O filme está en lingua galega e se gravou entre Ourense e Tenerife.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.