‘Elisa e Marcela’ estréase este venres en seis cines galegos

Non era ningún segredo que Isabel Coixet estaba a filmar unha película que contaba a historia de Elisa e Marcela, as dúas mulleres galegas que conseguiron ser as primeiras lesbianas en contraer matrimonio no Estado español en 1901. A película xa se presentara na Berlinale e estaba previsto a súa estrea en Netflix para o vindeiro 7 de xuño.

Mais a nova cinta de Isabel Coixet pasará por seis salas do país, adiantándose a súa estrea dixital. A partires deste venres poderemos ver Elisa e Marcela nas salas Númax de Santiago, Multicines Norte de Vigo, Cantóns da Coruña, Xunqueira de Cee, Cinexpo de Pontevedra e Pontevella de Ourense.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.