‘Eroski Paraíso’ chega ao streaming

Estará dispoñible en Filmin, plataforma nas que se poden ver máis películas galegas

Eroski Paraíso, o filme dirixido por Jorge Coira e Xesús Ron, poderá verse dende o venres 3 de abril na plataforma de video on demand Filmin, na que tamén se poden ver numerosos filmes galegos como Dhogs, de Andrés Goteira, ou 18 comidas do propio Coira entre moitas outras.

O filme, gañador de dous premios Mestre Mateo, tivo que cancelar os pases en cinemas en salas máis aló de Galicia por mor da situación que estamos a vivir pola COVID-19, mais foi un éxito no seu pase pola Televisión de Galicia, batendo o rexistro de audiencia nunha película na canle dende fai dous anos.

Esta comedia trata sobre o desarraigo e a nostalxia mais tamén sobre o mirar cada adiante, tanto individualmente como país. É unha adaptación da obra de teatro homónima de Chévere que conseguiu máis de 30.000 espectadores en todo o Estado.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.