Guadi Galego, unha das cantantes máis populares do país, cumpre a súa palabra. Hai unhas semanas prometera un agasallo para os seus fans e este venres vén de desvelar unha canción inédita, con arranxos e producción de Pachi García; pero hai algo máis.
Segundo as súas propias palabras “Chegou o principio do final”, un peche de etapa que quere converter nunha celebración e co que agradece a todos os seus seguidores o seu cariño e a súa presenza.
Este tema, Fronteiras formará parte do EP Bola de cristal que se vai publicar en maio e co que a artista pecha a súa triloxía do mundo.
Poderémola escoitar en directo o próximo 7 de abril nas matinais do Teatro Principal de Pontevedra.