Este é o xurado internacional do FIC Bueu

O FIC Bueu (o Festival de Curtametraxes de Bueu) desvelou os integrantes do seu xurado internacional, que estará composto pola cineasta e docente chilena Carolina Astudillo, o director italiano Carlo Sironi e o xornalista e programador da Filmoteca Española, Carlos Reviriego. O evento celebrarase entre o 10 e o 19 de setembro na localidade do Morrazo.

Eles serán os encargados de seleccionar as obras gañadoras da Ánfora de Ouro, a Ánfora de Prata e once premios técnicos. Os premios a centros educativos e ás mellores curtas galega, española e experimental serán entregados por un xurado diferente.

Carolina Astudillo centra fundamentalmente o seu traballo de investigación e creación na defensa da muller e a memoria histórica. Colleitou dúas Biznagas de Prata no Festival de Málaga con O gran voo de Ainhoa e Xa non son esa.

Carlo Sironi obtivo un premio dos European Filmes Awards por Sole. Ademais, conta con recoñecementos nos importantes festivais italianos de Locarno, Venecia e Torino así como presencia nalgúns dos máis importantes do mundos como Cannes, a Berlinale ou Sundance.

Finalmente, Carlos Reviriego foi coordinador en ‘El Cultural’ e redactor xefe de ‘Cahiers du cinéma’ en España. É membro do equipo seleccionador do DocumentaMadrid, ademais de exercer como director adxunto e de programación da Filmoteca Española.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.