Excultura presenta un ciclo de sesións de bandas galegas para suar no verán

A asociación sen ánimo de lucro lanza o primeiro directo nas súas redes, protagonizado polos vigueses Lamprea Explosivas

Excultura vén de lanzar o primeiro directo dun total de cinco gravacións de grupos emerxentes do panorama musical underground de Galicia, realizadas ao longo dunha tarde de verán na Praia de Vilarello, en Valga. O grupo de Vigo Lamprea Explosiva será o debutante das sesións. O resto de bandas, unha incógnita.

Coa fin de dar visibilidade á escena musical emerxente en Galicia, a asociación lanza estes directos presentando a nosa música na súa forma máis pura: a suor do directo. Ao tempo que desfrutar de concertos nun ambiente cercano e mover ás bandas a lugares nos que, quizais, non pararían nos seus itinerarios habituais.

Excultura é unha asociación cultural sen ánimo de lucro formada por seis mozos da Barbanza, tendo en Catoira a sede e centro de operacións. Todos teñen un compromiso claro coa música así como unha estreita relación coa “movida”, participando activamente da mesma; ben tocando en novas bandas -Copa Turbo ou Ciega y Peligrosa-, ben movéndose entre bambalinas, organizando eventos ou no traballo de son.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.