F.J. Ossang presenta en NUMAX '9 dedos'

F. J. Ossang virá a presentar esta tarde na sala compostelá NUMAX o seu novo filme 9 dedos, que chegará mañá a cines de todo o Estado. Será presentado por Pela del Álamo, coordinador do festival Curtocircuíto, cuxa pasada edición dedicou unha retrospectiva ao cineasta francés. Trala proxección haberá un coloquio co director.
SINOPSE
Noite pecha nunha estación de tren. A sorte de Magloire está botada cando, fuxindo dunha redada, termina co feixe de billetes dun home moribundo na man. A excéntrica banda de criminais de Kurtz captúrao e convérteo no seu cómplice. Logo dun roubo desastroso, a banda embarca nun buque de carga cunha atmosfera cada vez máis abafante. Os homes de Kurtz parecen ser os monicreques dunha conspiración tramada polo misterioso 9 Dedos

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.