Falece a poeta Luz Pozo Garza

Falece na Coruña aos 97 anos

Luz Pozo Garza faleceu este luns 20 de abril na Coruña aos 97 anos de idade. Naceu en Ribadeo no 1922 e ao longo da súa vida esta poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio converteuse nunha das voces máis importantes da literatura galega do século XX

Tivo unha longa traxectoria como docente de ensino medio, que a levou a Vigo e ao instituto de Nigrán, onde se xubilou en 1987. Dende entón residía na Coruña. Con só 28 anos, en 1950, foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega, pero non foi ata 1996 que se converteu en académica de número.

Publicou máis de 15 poemarios e media ducia de ensaios. A súa produción poética en galego abrangue case 70 anos, entre as que destacan obras tan salientables como Concerto de Outono ou Códice Calixtino.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.