Así remata a nosa retransmisión desta Gala dos Oscars 2020. Moitísimas grazas a todos por seguirnos. Vémonos nos cines!
Unha noite histórica para os premios da Academia. Premios moi repartidos, con favoritos destronados e con autenticas xoias que emerxeron sobre as popularidades de Hollywood. Unha gala divertida, chea de momentos doces e inesquecibles e que dará que falar, sobre todo a súa gañadora.
Dous derrotados esta noite, aínda que a primeira vista non o semelle: en primeiro lugar, 1917 e Sam Mendes. En segundo, e non por iso menos importante, Netflix e o seu Irlandés, levándose a última unha cantidade de cero premios.
Histórico, e para ben. Se xa era a gañadora da noite, Parásitos culmina a noite cun cuarto premio. Como o propio equipo da pelicula comenta no descurso, ninguén podería ter esperado que isto puidera suceder. Unha película fantastica que, unha vez máis, da novos motivos para todos aqueles que non a viran poñerse con ela canto antes, mellor.

Impresionante. O gañador do Oscar a mellor película é Parásitos!!!!
Isto remata! Que película gañará o premio a mellor película?
Recordamos as nomeadas: Le Mans '66 (James Mangold), Jojo Rabbit (Taika Watiti), Joker (Todd Phillips), Historia dun matrimonio (Noah Baumbach), 1917 (Sam Mendes), Érase unha vez en... Hollywood (Quentin Tarantino), Parásitos (Bong Joon-ho) e O Irlandés (Martin Scorsese)
Judy é un deses biopics de calidade cuestionable, pero tamén un deses preparados para que a actriz no papel principal, neste caso Renée Zelwegger, se leve o premio consigo.
Judy é un deses biopics de calidade cuestionable, pero tamén un deses preparados para que a actriz no papel principal, neste caso Renée Zelwegger, se leve o premio consigo.
Judy é un deses biopics de calidade cuestinable, pero tamén un deses preparados para que a actriz no papel principal, neste caso Renée Zelwegger, se leve o premio consigo.
E o premio é para... Renée Zelwegger por Judy!
Xa só quedan dous premios! Hora do de mellor actriz principal!
O premio recaerá nunha das seguintes: Cynthia Erivo (Harnet: Na procura da liberdade), Scarlett Johansson (Historia dun matrimonio), Saoirse Ronan (Mulleriñas), Charlize Theron (O Escándalo) e Renée Zellweger (Judy).
Agora, sen chanzas: Joaquin Phoenix tiña este premio no peto dende que firmou para facer esta película. A sua actuación no Joker é digna de eloxio, e consegue con ela que deixemos de lado todo o que se lle pode reprochar á filme. Esperado era pouco.

Que inesperado! Joaquin Phoenix gaña o premio a mellor actor polo Joker!
Hora do premio a mellor actor principal!
Optan ao galardón Antonio Banderas (Dor e Gloria), Leonardo DiCaprio (Érase unha vez en... Hollywood), Adam Driver (Historia dun matrimonio), Joaquin Phoenix (Joker) e Jonathan Pryce (Os dous papas).
Premio igualmente para a Academia por arriscar tanto ao escoller a peza interpretada. Temazo de Kendrick Lamar.
Billie Eilish vaise do seu rexistro habitual para brindar unha preciosa interpretación do Yesterday dos Beatles no In Memoriam, entre aplausos do público ante as caras máis recoñecidas que se están a proxectar.
Di Bong Joon-ho que, agora si, se vai beber ata mañá... Nós non estariamos tan seguros. Sen dúbida, Parásitos é xa a gran gañadora da noite.
Comenta Bong Joon-ho que pensaba que despois de gañar o premio a mellor película internacional podía relaxarse... Nós tamén! Unha autentica sorpresa, celebrada e merecida!!
Dedica parte do premio a Martin Scorsese, quen se ergue para aplaudir ao director coreano. Tamén se acorda de Quentin Tarantino, do cal se lembra por xa poñer as suas películas nas súas listas cando ninguén o coñecía.
Di Bong Joon-ho que pensaba que despois de gañar o premio a mellor película internacional podía relaxarse... Nós tamén! Unha autentica sorpresa, celebrada e merecida!!

SORPRESÓN!! O premio a mellor director é para Bong Joon-ho!
Toca o premio a mellor director!
Optan ao galardón Martin Scorsese (O Irlandés), Todd Phillips (Joker), Sam Mendes (1917), Quentin Tarantino (Érase unha vez en... Hollywood) e Bong Joon-ho (Parásitos).
Elton John foi o protagonista dun dos momentos máis emotivos da gala coa súa actuación en directo do tema (I'm Gonna) Love Me Again, polo cal se leva o galardón.
Elton John foi o protagonista dun dos momentos máis emotivos da gala coa súa actuación en directo do tema (I'm Gonna) Love Me Again.
O premio para mellor canción é para Elton John e Bernie Taupin!
O premio para mellor canción é para Elton John e Dexter Fletcher!
É a hora do premio a mellor canción!
Tal vez en Balea Cultural non sexamos os maiores fans do Joker, e tampouco da composición que houbo no Joker... De feito, tal vez sexa a composición que menos nos gustaba dos nomeados. Con todo, podemos entender o galardón.
O premio a mellor banda sonora é para Hildur Guðnadóttir, polo seu traballo no Joker!
O premio a mellor banda sonora é para Hildur Guðnadóttir, polo seu traballo no Joker!
É a hora do premio a mellor banda sonora!
Hildur Guðnadóttir (Joker), Alexandre Desplat (Mulleriñas), Randy Newman (Historia dun matrimonio), Thomas Newman (1917) e John Williams (Star Wars: O ascenso de Skywalker), caras vellas e novas da música cinematográfica, debátense polo premio.
Con total honestidade, custa lembrar un ano no que os competidores na categoría de banda sonora orixinal ofrezcan todos pezas tan brillantes.
Con total honestidade, custa lembrar un ano no que os competidores na categoría de banda sonora orixinal ofrezcan todos pezas tan brillantes.
We stan Sigourney Weaver
Premio honorífico a David Lynch... E a máis xente.
Confesión nocturna: Sempre temos que revisar como se escribe "Elton John".
O propio Elton John é o encargado de dar voz a outra das nomeadas nunha nova actuación musical, é o turno de (I'm Gonna) Love Me Again! Oh, oh, oh!
Pode que o premio non sexa unha sorpresa, pero Parásitos si que o foi. Unha película para ver unha e outra vez, chea de matices e cuxo galardón é máis que merecido. E, por que non dicilo, Bong Joon-ho é moi riquiño.
Cero sorpresas, de novo! O premio a mellor película internacional é para Parásitos!
PEDROOOOO! Hora da mellor película internacional!
Son candidatas Corpus Christi, Honeyland, Os Miserables, Dor e Gloria, Parásitos.
Un dos maiores éxitos de O Escándalo é, de feito, o traballo que hai para que actores tan recoñecidos semellen as persoas cuxo papel interpretan. De novo, un dos premios menos sonados, pero cunha labor sen a cal ás veces custaría entender as filmes.
E, por fin, un premio para O Escándalo! Lévanse o premio a mellor maquillaxe!
Quenda do premio a mellor maquillaxe!
O premio está entre O Escándalo, Joker, Judy e Maléfica: Mestra do mal.
Levarse un premio de efectos especiais contra loitas espaciais e superheroes parece incluso un imposible. Facer o que fixeron en 1917 nesa tolemia de plano secuencia, tamén o é. Un dos premios máis merecidos da noite!
Novo premio para 1917! Lévanse o premio a mellores efectos visuais!
Hora do premio a mellores efectos visuais!
O premio debátese entre Vingadores: Endgame, O Irlandés, O Rei León, 1917 e Star Wars: O Ascenso de Skywalker.
FURROS NON POR FAVOR FURROS NON
Scorsese quedándose durmido con Eminem. De verdade, o premio da noite.
Agardando ansiosos o premio a mellor película para Fast & Furious 8.
Esperando ansiosos o premio a mellor película para Fast & Furious 8.
Kasi Lemmons interpreta agora Stand Up, de Harriet: Na procura da liberdade.
14 de decembro de 2020: Viaxe con Balea Cultural ao museo dos Oscars. Ímolo pasar bomba!
A montaxe de Le Mans '66 semella frenética. Carreiras a toda velocidade e historias de amizade de ritmos trepidantes que regalan escenas máis que memorables.
A montaxe de Le Mans '66 semella frenética. Carreiras a toda velocidade e historias de amizade de ritmos trepidantes que regalan escenas máis que memorables.
De novo, Le Mans '66 lévase outro Oscar! Michael McCusker e Andrew Buckland recollen o seu galardón!
Quenda do premio á mellor montaxe!
As películas nomeadas son Le Mans '66, O Irlandés, Jojo Rabbit, Joker e Parásitos.
Con quince nomeacións e dous Oscars xa no seu palmarés, Roger Deakins somérxenos en 1917 dunha maneira única. Premio merecido do que ás veces é difícil falar sen facer spoilers.
De novo, sen sorpresas: Roger Deakins gaña o seu segundo Óscar por 1917!
É o turno do premio a mellor fotografía!
Loitan polo premio Rodrigo Prieto (O Irlandés), Lawrence Sher (Joker), Jarin Blaschke (O Faro), Roger Deakins (1917) e Robert Richardson (Érase unha vez en... Hollywood).
O rap está de moda. Pero para a próxima que chamen a Denzel Curry, por favor.
Toy Story pon agora música á gala. Soa I Can't Let You Throw Yourself Away, cantada por Josh Cooley.
E, por fin, ábrese o caixón. 1917 lévase o premio de son e consegue así a primeira estatuíña da noite, unha das técnicas, para as cales tanto prometían. Se ben polo de agora non destacan por levar tantos como semellaba, aquí vai o primeiro!

Mark Taylor e Stuart Wilson gañan o primeiro premio, o do son, para 1917!
Hora do premio a mellor son!
Ad Astra, Le Mans '66, Joker, Érase unha vez en... Hollywood e 1917 compiten pola estatuiña.
Tal vez non coincidimos con Donald Sylvester con que James Mangold debería estar nomeado ao premio de mellor director, pero sen dúbida o son de Le Mans '66 era un dos principais nomes barallados para este premio xunto a, como non, 1917, que volve quedar sen outro premio. Polo de agora, bastantes sorpesas nesta gala!
Oscar a mellor edición de son para Donald Sylvester, por Le Mans '66!
Hora do premio a mellor edición de son!
As nomeacións son para Le Mans '66, Joker, 1917, Érase unha vez en... Hollywood e Star Wars: O ascenso de Skywalker.
Menos mal que deixan a Eminem actuar nos Oscars. Escoitástedes o seu novo disco? A nós danos ata pena insultar tanto un álbum na web.
Grazas aos Oscars acabamos de enterarnos que as música nas películas é importante. Bicos.
Grazas aos Oscars acabamos de enterarnos que as bandas sonoras son importantes. Bicos.
Polo de agora, 1917, a favorita, non levou ningún premio.
E, tras moitos intentos, Laura Dern consegue por fin o seu Oscar! O seu papel en Historia dun matrimonio serve de contrapunto a todo o drama mostrado na filme, e o seu speech na película será un deses que vexamos durante moito tempo en redes sociais. Premio digno, necesario e obrigatorio.

Sen sorpresas, o premio é para Laura Dern por Historia dun matrimonio!
Hora doutro dos premios grandes! Quenda do premio a Mellor actriz de reparto!
Compiten nesta categoría Kathy Bates (Richard Jewell), Laura Dern (Historia dun matrimonio), Scarlett Johansson (Jojo Rabbit), Florence Pugh (Mulleriñas) e Margot Robbie (O escándalo).
Esta película é a miña carta de amor para as nenas de Afganistán
Carol Dysinger
O premio para mellor curtametraxe documental é para Learning to Skateboard in a Warzone (If you're a girl)!
O premio para mellor curtametraxe documental é para Learning to Skateboard in a Warzone (If you're a girl)!
Cousas a ter en conta: primeiro premio para Netflix nesta gala; e aínda que parezca mentira, premio para os Obama.
E, en terceiro lugar, destaquemos frases do descurso:
"As cousas irán mellor cando os traballadores do mundo se unan"
O premio a mellor longametraxe documental vai para American Factory!
Quenda dos documentais!
Recordamos que na categoría de longametraxe compiten American Factory, A democracia en perigo, The Cave, Para Sama e Honeyland. Pola mellor curtametraxe están In the Absence, Learning to Skaetboard in a Warzone (If You're a Girl), Life Overtakes Me, St. Louis Superman e Walk Run Cha-Cha.
Roxann Dawson interpreta agora I'm Standing With You, tema de Máis alá da esperanza, na segunda actuación musical da gala.
Jacqueline Durran non da lugar a sorpresas e lévase a estatuíña que lle correspondía polo seu traballo na película de Greta Gerwig. Alguén podería imaxinar a película sen eles? Pécase moitas veces de non darlles importancia, mais sen dúbida Durran fai que cada vez que vemos a alguén en escena brille con luz propia.
Jacqueline Duran non da lugar a sorpresas e lévase a estatuíña que lle correspondía polo seu traballo na película de Greta Gerwig. Alguén podería imaxinar a película sen eles? Pécase moitas veces de non darlles importancia, mais sen dúbida Duran fai que cada vez que vemos a alguén en escena brille con luz propia.
Jacqueline Duran non da lugar a sorpresas e lévase a estatuíña que lle correspondía polo seu traballo na película de Greta Gerwig. Alguén podería imaxinar a película sen eles? Pécase moitas veces de non darlles importancia, mais sen dúbida Duran fai que cada vez que vemos a alguén en escea brille con luz propia.
O premio a mellor deseño de vestiario é para Mulleriñas!
Tocan os premios a mellor deseño de vestiario!
1917 perde un dos que se lle daban seguros, que vai para a filme de Quentin Tarantino. Os decorados que dan vida a esa Hollywood de inicios dos setenta fan que a estatuíña sexa para Barbara Ling e Nancy Haigh.
O premio a mellor deseño de producción é para Érase unha vez en... Hollywood!
O premio a mellor deseño de producción é para Érase unha vez en... Hollywood!
Quenda do premio a mellor deseño de producción!
Quenda do premio a mellor deseño de producción!
"Unha historia ben contada é algo moi potente. Pode cambiar a nosa visión do mundo e facer que nos queramos moito máis"
Outro premio dedicado a unha nai, esta vez recordando unha forte mensaxe.
O premio a mellor curtametraxe de ficción é para The Neighbors' Widow!
Hora do premio a mellor curtametraxe!
Fraternidade, Netfta Football Club, The Neighbors' Window, Saira e A Sister son os nomeados.
Waititi, entre chanzas, fala do pouco que pesa a estatuiña. Agradece o premio sobre todo á súa nai, e a todos os nenos indíxenas que queren facer arte.
Taika Waititi lévase o galardón por Jojo Rabbit!
Hora dos premios ao mellor guión adaptado!
Loitan polo galardón Steven Zaillian (O Irlandés), Taika Waititi (Jojo Rabbit), Todd Phillips e Scott Silver (Joker), Greta Gerwig (Mulleriñas) e Anthony McCarten (Os dous papas).
Hora dos premios ao mellor guión adaptado!
Loitan polo galardón Steven Zaillian (O Irlandés), Taika Waitifi (Jojo Rabbit), Todd Phillips e Scott Silver (Joker), Greta Gerwig (Mulleriñas) e Anthony McCarten (Os dous papas).
Sorpresa! Tolemia! O premio do guión non é nin para Tarantino nin para Noah Baumbach. Lévano os mesmos que deron a sorpresa nos BAFTA, Bong Joon-ho e Jin Won Han.
O premio ao mellor guión orixinal é para Parásitos!
Temos a honra de ver a Keanu Reeves, a mellor persoa do mundo, á par que a máis atractiva, entregando un premio. Ese é o noso galardón.
É a quenda do premio ao mellor guión orixinal!
Nos nomeados figuran Rian Johnson (Puñais polas costas), Noah Baumbach (Historias dun matrimonio), Sam Mendes e Krysty Wilson-Cairns (1917), Quentin Tarantino (Érase unha vez en... Hollywood) e Bong Joon-ho e Jin Won Han (Parásitos).
Hora de Frozen. Hora de Into The Unknown. Hora de escoitar a mesma canción en oito idiomas. Grazas á Academia por apostar pola versión orixinal.
Hora de escoitar a mesma canción en oito idiomas. Grazas á Academia por apostar pola versión orixinal.
Unha das favoritas, sen dubida, e unha vez máis Pixar lévase un Óscar a casa nesta categoría. Non sorprende, pero tampouco podemos deixar de recomendar o visionado. Preciosa curta!
Unha das favoritas, sen dubida, e unha vez máis Pixar lévase un Óscar a casa nesta categoría. Non sorprende, pero tampouco podemos deixar de recomendar o visionado. Preciosa curta!
Hair Love é escollida como mellor curtametraxe de animación!
Her Love é escollida como mellor curtametraxe de animación!
Toy Story lévase o premio, botando fóra a Klaus ou Mr. Link, favoritos de todas as enquisas. Amargo para algúns, pero supoñemos que loitar contra xigantes sempre é difícil.
Toy Story lévase o premio, botando fóra a Klaus ou Mr. Link, favoritos de todas as enquisas. Amargo para algúns, pero supoñemos que loitar contra xigantes sempre é difícil.
Sorpresa na longametraxe de animación! Toy Story 4 lévase o galardón!
Chegan os dous premios ás películas de animación, tanto a longa como a curta.
Nas longametraxes, discuten polo premio Como entrear ao teu Dragón 3, Onde está o meu corpo?, Klaus, Mr. Link. A Orixe perdida, Toy Story 4.
Nas curtametraxes, Daughter, Hair Love, Kitbull, Inesquecible e Hermana pelexan polo galardón.
Moi mala 12 anos de escravitude, por certo.
Este ano era difícil. Dicir que algún dos nomeados non merecería un premio pola súa interpretación sería mentir. Con todo, e tras gañar nos Globos de Ouro, o premio de Brad Pitt pola súa interpretación en Érase unha vez en... Hollywood era case un segredo a berros.
É o seu primeiro Óscar como actor, tras gañar no pasado a estatuiña no rol de produtor por 12 anos de escravitude.

Este ano era difícil. Dicir que algún dos nomeados non merecería un premio pola súa interpretación sería mentir. Con todo, e tras gañar nos Globos de Ouro, o premio de Brad Pitt pola súa interpretación en Érase unha vez en... Hollywood era case un segredo a gritos.

O premio a mellor actor de reparto é para Brad Pitt!!
Chega premio ao mellor actor de reparto!!
Lembramos os nomeados: Tom Hanks, Anthony Hopkins, Brad Pitt, Joe Pesci e Al Pacino.
Chega premio de actor de reparto!!
Como din no monólogo, seguro que Jeff Bezos é moi bo actor. Un saúdo.
Comeza a gala! Janelle Monae empeza animando a cerimonia con Won't You Be My Neighbor?, na cal busca a complicidade con Tom Hanks, quen a interpreta en A Beautiful Day in the Neighborhood.
Segue cun tema propio, Come Alive (War of the Roses), onde se lanza a cantar entre o público.

Sigue cun tema propio, Come Alive (War of the Roses), onde se lanza a cantar entre o público.
A menos de media hora para que comece a cerimonia, os grandes nomes de Hollywood van desfilando pola alfombra vermella. Estamos xa preparados para que comece a gala!
Este ano, como novidade, poderás seguir a Gala dos Oscars 2020 en directo dende Balea Cultural. Comezaremos a retransmisión ás 2:00, hora do inicio da gala. Non volo perdades!