GLITCHGIRL e Daisy Mortem inician xira por Galicia e Asturias

O mes pasado estreabamos en exclusiva o novo proxecto de GLITCHGIRL, DESPACITO V.3, un álbum colaborativo onde 29 artistas de todo o mundo, incluíndo moitas nacionais como Mounqup, cooperaban con GLITCHGIRL para producir música dunha diversidade única. O dúo queer Daisy Mortem (Bordeaux) colaboraba nun dos temas do recopilatorio. Hoxe comezan xunto con GLITCHGIRL unha pequena xira por Galicia e Asturias.

O “bakalao con gritos” de GLITCHGIRL e o post punk industrial de Daisy Mortem pasarán, este 23 de maio pola sala Ásatru de Ortigueira, con Death Whistle de artista invitado; o 24 de maio, na asociación Caja de Músicos de Xixón; e o día 25, pola mañá, no café cultural A Sacabeira de Sargadelos e, á noite, na Festa Pre-Orgulho no bar Avante de Compostela.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.