Globos de Ouro 2020: Netflix absoluto dominador das nomeacións

A compañía de streaming logra 17 candidaturas en cinema e outras tantas en series

Ao longo das últimas semanas, as estreas de Netflix foron as máis comentadas. As tres horas e media de arte que é “O irlandés“, as emocións a flor de pel de “Historia dun matrimonio” ou a interpretación de Anthony Hopkins no filme “Os dous papas” foron os temas de conversa recorrentes tanto entre prensa especializada como xeralistas. 17 nomeacións suma en cine un Netflix cuxa polémica cos festivais e as salas de exhibición xa parecen moi atrás aínda que “Roma” foi estreada fai máis ou menos un ano.

O filme de Noam Baumbach está nomeado nas categorías de mellor guión, película dramática, música orixinal, actriz de reparto (Laura Dern) e actor e actriz principal en película dramática (Adam Driver e Scarlett Johansson). E realmente parte como favorito en practicamente todas as categorías.

A maior ausencia é a de Robert de Niro, o único dos tres actores como os que bascula “O irlandés“, que non aparece como candidato. Máis sorpresivo se cabe se temos en conta que os seus compañeiros Al Pacino e Joe Pesci si. Ademais, o filme é candidato a mellor película e mellor dirección para Martin Scorsese.

“Os dous papas”, que supón o regreso de Fernando Meirelles, director de obras como “Cidade de Deus” e “O xardineiro fiel” logrou catro nomeacións, entre as que se atopan mellor película dramática e mellor a actor e mellor actor de reparto para Hopkins e Jonathan Pryce. Pola súa banda, “Eu son Dolemite” logra nomeación para mellor película de comedia ou musical e en mellor actor para un Eddie Murphy que protagoniza unha das sorpresas do ano.

En nomeacións televisivas tamén é lider con outras 17 nomeacións por 15 de HBO. Entre os títulos destacados atópanse “The Crown”, “O método Kominsky” ou “The Politician” mentres que por parte do seu maior competidor destacan a aclamada “Chernobyl”, “Succession”, “Barry” ou “Big Little Lies”.

Lista completa de nomeados

Cine

MELLOR PELÍCULA DRAMÁTICA

  • The Irishman
  • Joker
  • Historia dun matrimonio
  • 1917
  • Os dous papas

MELLOR PELÍCULA COMEDIA OU MUSICAL

  • Eu son Dolemite
  • Jojo Rabbit
  • Puñais polas costas
  • Érase unha vez en… Hollywood
  • Rocketman

MELLOR DIRECTOR

  • Bong Joon Ho (Parasitos)
  • Martin Scorsese (O irlandés)
  • Quentin Tarantino (Érase unha vez… en Hollywood)
  • Sam Mendes (1917)
  • Todd Phillips (Joker)

MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN

  • Frozen 2
  • O rei león
  • Mr Link
  • Toy Story 4
  • Como entrenar ao teu dragón 3

MELLOR PELÍCULA EN LINGUA EXTRANXEIRA

  • Dor e gloria
  • Parasitos
  • Retrato dunhz muller en chamas
  • Os Miserables
  • The Farewell

MELLOR GUIÓN

  • Noah Baumbach (Historia dun matrimonio)
  • Bong Joon Ho, Han Jin Won (Parasitos)
  • Anthony McCarten (Os dous papas)
  • Quentin Tarantino (Érase unha vez… en Hollywood)
  • Steven Zaillian (O irlandés)

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (DRAMA)

  • Scarlett Johansson (Historia dun matrimonio)
  • Saoirse Ronan (Mulleriñas)
  • Renée Zerllweger (Judy)
  • Charlize Theron (Bombshell)
  • Cynthia Erivo (Harriet)

MEJOR ACTOR PROTAGONISTA (DRAMA)

  • Christian Bale (Le Mans 66)
  • Antonio Banderas (Dor e Gloria)
  • Adam driver (Historia dun matrimonio)
  • Joaquin Phoenix (Joker)
  • Jonathan Pryce (Os dous papas)

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (Comedia o musical)

  • Ana de Armas (Puñais polas costas)
  • Awkwafina (The farewell)
  • Cate Blanchett (where’d you go, Bernadette)
  • Beanie Feldstein (Booksmart)
  • Emma Thompson (Late night)

MELLOR ACTOR PROTAGONISTA(Comedia o musical)

  • Daniel Craig (Puñais polas costas)
  • Roman Griffin Davis (Jojo rabbit)
  • Leonardo DiCaprio (Érase unha vez en Hollywood)
  • Taron Egerton (Rocketman)
  • Eddie Murphy (Eu son Dolemite)

MELLOR ACTRIZ DE REPARTO

  • Kathy Bates (Richard Jewell)
  • Annette Bening (The Report)
  • Laura Dern (Historia dun matrimonio)
  • Jennifer Lopez (Hustlers)
  • Margot Robbie (Bombshell)

MELLOR ACTOR DE REPARTO

  • Tom Hanks (A beautiful day in the neighborhood)
  • Anthony Hopkins (Os dous papas)
  • Al Pacino (O irlandés)
  • Joe Pesci (O irlandés)
  • Brad Pitt (Érase unha vez… en Hollywood)

MELLOR CANCIÓN ORIXINAL

  • Beautiful Ghost (Cats)
  • I’m Gonna Love Me Again (Rocketman)
  • Into the unknown (Frozen 2)
  • Spirit (O Rei León)
  • Stand Up (Harriet)

MELLOR BANDA SONORA

  • Mulleriñas
  • Joker
  • Historia dun matrimonio
  • 1917
  • Orfos de Brooklyn

TELEVISIÓN

MELLOR SERIE DRAMA

  • Big Little Lies
  • The Crown
  • Killing Eve
  • The Morning Show
  • Succession


MELLOR ACTOR DRAMA

  • Brian Cox (Succession)
  • Kit Harington (Juego de Tronos)
  • Rami Malek (Mr. Robot)
  • Tobias Menzies (The Crown)
  • Billy Porter (Pose)

MELLOR ACTRIZ DRAMA

  • Jennifer Aniston (The morning show)
  • Olivia Colman (The crown)
  • Jodie Comer (Killing eve)
  • Nicole Kidman (Big little lies)
  • Reese Witherspoon (The morning show)

MELLOR SERIE DE COMEDIA

  • Barry
  • Fleabag
  • O método Kominsky
  • The Marvelous Mrs. Maisel
  • The Politician

MELLOR ACTRIZ DE COMEDIA O MUSICAL

  • Christina Applegate (Dead to me)
  • Rachel Brosnahan (The Marvelous Mrs. Maisel)
  • Kirsten Dunst (On becoming a god in Central Florida)
  • Natasha Lyonne (Russian doll)
  • Phoebe Waller-Bridge (Fleabag)

MELLOR ACTOR DE COMEDIA O MUSICAL

  • Michael Douglas (O método Kominsky)
  • Bill Hader (Barry)
  • Ben Platt (The politician)
  • Paul Rudd (Living with yourself)
  • Ramy Youssef (Ramy)

MELLOR MINISERIE O PELICULA TV

  • Chernobyl
  • Catch 22
  • Fosse/Verdon
  • The Loudest Voice
  • Unbelievable

MELLOR ACTOR DE MINISERIE O PELICULA TV

  • Christopher Abbott (Catch 22)
  • Sacha Baron Cohen (The spy)
  • Russell Crowe (The loudest voice)
  • Jared Harris (Chernobyl)
  • Sam Rockwell (Fosse/Verdon)

MELLOR ACTRIZ DE MINISERIE O PELICULA TV

  • Kaitlyn Dever (Unbelievable)
  • Joey King (The act)
  • Helen Mirren (Catherine the great)
  • Merritt Wever (Unbelievable)
  • Michelle Williams (Fosse/verdon)

MELLOR ACTOR SECUNDARIO DE MINISERIE O PELICULA TV

  • Alan Arkin (O método Kominsky)
  • Kieran Culkin (Succession)
  • Andrew Scott (Fleabag)
  • Stellan Skarsgard (Chernobyl)
  • Henry Winkler (Barry)

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA DE MINISERIE O PELICULA TV

  • Kaitlyn Dever (Unbelievable)
  • Joey King (The act)
  • Helen Mirren (Catherine the great)
  • Merritt Wever (Unbelievable)
  • Michelle Williams (Fosse/verdon)
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.