O Cinema NUMAX acolle hoxe ás 21:15 a I Mostra de Curtametraxes Sociais organizada polo Concello de Santiago en colaboración coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento dentro das actividades de #CompostelaMáisSolidaria, que están a ter lugar na cidade dende o 25 de maio ata o 15 de xuño.
A escolla de curtametraxes, unidas polo seu marcado compromiso social e político, atinxe temas como o racismo, as migracións, os abusos contra a infancia ou a violencia machista. As fitas teñen todas elas unha contrastada calidade con importante percorrido en festivais internacionais. Un dos seus autores, Álvaro Gago, xunto ao profesor e cineasta Xes Chapela, manterán ao remate da sesión un coloquio co público asistente.
Na sesión proxectaranse as curtas Damiana, Toute le monde aime le bord de la mer, A Drowning Man, Matria (podes ler aquí a nosa reseña) e Try Outs.