Isto é o máis destacado do 25 aniversario do OUFF

O OUFF comeza hoxe 25 de setembro e encherá de cine Ourense ata o 3 de outubro. A cidade acollerá preto de 90 proxeccións entre as que se fará no Teatro Principal, o Auditorio, o Cineclube Padre Feijóo e as salas de cine do Pontevella.

O programa comezará con olor a local coa estrea do filme Olvido e León de Xavier Bermúdez. Do mesmo xeito, a clausura tamén está dedicada a un director local, nest caso Óscar Doviso coa estrea de Luarada. A proxección virá acompañada da curtametraxe Non me espera ninguén.

Os dez filmes da sección oficial seleccionáronse entre 400 longametraxes chegadas de 65 países. O cinema galego estará representado con A illa das mentiras de Paula Cons e a sección inclúe películas tan destacadas como Verán do 85 de François Ozon, True Mothers de Naomi Kawase, Corpus Christi de Jan Komasa ou Falling, o debut de Viggo Mortensen na dirección.

Este ano o festival de cine de Ourense mantén a sección Fas Muvis de rodaxes exprés na cidade e entrega o Premio OUFF Televisión á serie de comedia A que se aveciña, da que se poderá ver un capítulo no festival.

Tamén haberá un clico de homenaxe a Fellini, con motivo do centenario do nacemento do director italiano. Nas sesións especiais destaca a reestrea de A metade da vida de Raúl Veiga, a única película rodada en galego nos 90 e a presentación do documental Spitsberger, o gardián do Ártico. Todo isto únese a outras homenaxes como os dedicados aos directos Eloy Lozano ou José Luís Cuerda, falecido neste 2020.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.