Jamas, de Dios Ke Te Crew, publica o seu primeiro libro

Co inicio do estado de alarma en España, Jamas, membro de Dios Ke Te Crew, decidiu facer de cada 24h unha sorte de diario que se materializou en “Diario dun pirata confinado“, un libro que se presentará este xoves 15 ás 19:30 na Libraría Pedreira de Compostela nun acto no que estarán presentes o autor Teresa Moure (autora do prólogo) e Wladimir Vaz (editor).

“A partir dese primeiro capítulo ou día, comprometinme comigo mesmo a inmortalizar, dalgún xeito, esta escura etapa que nos tocou afrontar. Case a totalidade das vivencias narradas son reais”, afirma o autor.

No prólogo da publicación, a tamén escritora Teresa Moure describe a experiencia de ler os textos que compoñen libro como “abrir unha xanela nos muros que nos rodean, deseñar un orificio de fuga, unha vía para escapara dunha época que nos arrebata as opcións mentres o tic-tac do reloxo continúa a correr, mentres o noso tempo se escapa esvaecéndose dun xeito que sentimos estéril”-

“Diario dun pirata confinado”xa se pode adquirir a través da páxina web da editora Urutau e tamén nas librarías Pedreira e Numax (Santiago de Compostela), Paz e Metáfora (Pontevedra), Eixo (Ourense), Suévia e Berbiriana (A Coruña), Trama (Lugo), Cartabón e Versus (Vigo), Aira das letras (Allariz) e Tango (Ordes).

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.