JPEGMAFIA actuará en Vigo en xuño

Veteran de JPEGMAFIA foi un dos nosos discos favoritos do ano pasado, e poderemos escoitar as súas cancións en directo no concerto co que o rapeiro estadounidense dará en Vigo o próximo día 4 de xuño na sala Radar.

Sen conseguir centrar os temas líricos nunha única dirección, esta sorte de post-rap que atopamos en Veteran é incrible. JPEGMAFIA trouxo algo necesario, cargado de mensaxe política, bebendo de artistas como Danny Brown, Death Grips, Clippin’ e Lil Ugly Mane, actualizando e atrevéndose en cuestións que ningún dos citados tivo valor, marcando ás veces un ritmo máis clásico ca eles.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.