Kali Malone, Stephen O’Malley e Lucy Railton presentan ‘Does Spring Hide Its Joy’

O Auditorio Abanca de Santiago de Compostela acollerá o venres 10 de decembro Does Spring Hide Its Joy, unha experiencia inmersiva non lineal creada en colaboración pola artista estadounidense fundadora do selo XKatedral Kali Malone co guitarrista, produtor, artista visual, membro fundador do grupo de culto Sunn O))) Stephen O’ Malley e a cellista e directora artística e fundadora do London Contemporany Music Festival, Lucy Railton. As entradas xa se poden adquirir.


Does Spring Hide Its Joy é unha soa peza que funciona como un estudo sobre a música non lineal. Foi creada en plena pandemia, no 2020, no Funkhaus & Monom de Berlín, e orixinalmente tiña unha duración de seis horas.

A música electrónica de Kali Malone é profunda, dinámica e emotiva. É quen de crear sons melancólicos e especiais que os oídos do público poden entender facilmente mediante instrumentacións cíclicas e de longa duración. No seu destacado álbum The Sacrificial Code, a estadounidense consegue tan só coa música dun órgano levar aos oíntes a un lugar novo e especial.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.