Kendrick Lamar gaña o Premio Pulitzer

O rapeiro estadounidense Kendrick Lamar foi galardoado onte co Premio Pulitzer á música polo seu disco DAMN. lanzado o ano pasado, descrito como  “a virtuosic song collection unified by its vernacular authenticity and rhythmic dynamism that offers affecting vignettes capturing the complexity of modern African-American life.” (Unha virtuosa colección de cancións unificada pola súa autenticidade vernácula e o dinamismo rítmico que ofrece viñetas que capturan a complexidade da vida afro-americana moderna).
Kendrick Lamar é o primeiro artista en gañar este premio sen realizar música clásica ou jazz.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.